Dende o IES Francisco Asorey de Cambados, queremos contribuir a facer do evento de Cambados CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017, un lugar de encontro de posicionamentos artísticos e de creatividade. Unha oportunidade que non podemos deixar que pase desapercibida, e que deberá quedar na memoria de tod@s os cambades@s como algo singular e especial. E por suposto, na memoria colectiva deste Instituto, como nexo de unión dunha colectividade que decidiu, no curso académico 2016/17, saír das súas aulas e compartir con toda a sociedade, a súas voces, a súa creatividade, e o feito de sentirse orgullosos de vivir e sentir Cambados.
Video realizado por Martin Nogueira e Marcos Boullosa, de 1º ESO, con motivo da Exposición ArTsorey para Cambados como cidade Europea do viño 2017
Intervencións feitas sobre obras de arte, con elementos do viño. Elaborados por C.S. Administración e Finanzas.
Dentro da exposición ARTSOREY, colaboraron un nutrido grupo de artistas da Comarca do Salnés, nunha intervención artística sobre embalaxes da Adega Condes de Albarei, denominada EMBALARTES. Este catalogo recolle as súas aportacións.
Creación de Gerardo Rodríguez "Chere", escultura creada con pezas rotas de Sargadelos representando a Torre de San Sadurnino.
A ollada dos moz@s sobre Cambados e o Albariño.
Creación de Ángel M. Rey Roca. A luz como elemento creativo que reflexa por completo nun panel, o feito de server un viño.
Elaborado por Carmelo Abollo Castro, Marcos A. Gómez Dovalo e Iván Yuliyanov, dentro do módulo de Aplicacións Informáticas do CS de Administración e Finanzas do IES F. ASOREY.
Creación de xogo de luces e sonido moi orixinal sobre unha parra e con luces en copas cheas de uvas. Elaborado por Santiago Rey do Dpto de Electrónica.
Video elaborado para ArTsoreypor taller Lumiere; Ellie Blanco, Maria Gómez; Poema e voz: Aurora Souto, música: Jesús Barco; Edición e montaxe: Santiago Rey e Fernando Tomé.