ADMISIóN CURSO 2023/2024


ADMISIÓN CURSO 2023/2024 . LISTAXE DEFINITIVA ESO E BACHARELATO


     

    LISTAXE PROVISIONAL ADMISIÓN CURSO 2023/2024 ESO E BACHARELATO




    1. SOLICITUDE Anexo II - Galego

    2. 2023-4_resolucion_resultado_sorteo_admision_2023_24

    3. ZONAS DE INFLUENCIA

     

    NORMATIVA REGULADORA. PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

    • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG 29, do 11 de febreiro de 2022).

     

    • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). (DOG 212, do 8 de novembro de 2022).

     

     

    NOTA INFORMATIVA SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

     

    •  1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar. Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

      2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

      3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela. A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da orde de admisión.

      4º. A admisión e a matriculación nun centro docente público ou privado concertado implicarán respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro privado concertado.

      5º. As familias poden consultar na aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado):
    • a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.
    • b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.
    • c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.
    • d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
    • e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido, utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

     Centros adscritos ao IES FRANCISCO ASOREY


    - CEIP SAN TOMÉ

    - CEIP DE CASTRELO

    - CEIP ENRIQUE BARREIRO PIÑEIRO

    O alumnado procedente destes Centros, deberá solicita-la súa admisión no Centro de Orixe, segundo as instruccións e nos prazos que neles lles indiquen.

    De non facelo así, perderán a súa prioridade e deberán participar no procedemento xeral de admisión.



    ZONAS DE INFLUENCIA E LIMÍTROFES DO IES FRANCISCO ASOREY


    ZONA DE INFLUENCIA:


    Zonas de Influencia dos centros adscritos:
     CEIP San Tomé
     CEIP Plurilingüe de Castrelo
     CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro

    ZONA LIMÍTROFE:


    Zona de Influencia do IES Ramón Cabanillas
    (Dentro do Concello de Cambados)

     

     SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

    Este Centro dispón de servizo de Transporte Escolar para o alumnado de ESO.
    As solicitudes faranse no momento de formaliza-la matrícula para o curso correspondente.
    O alumnado que solicite e obteña praza nun centro escolar que non estea na área de influencia que lle corresponda, non terá dereito ó servizo complementario de Transporte Escolar.
    O servizo complementario de Transporte Escolar é gratuito para o alumnado autorizado ó seu uso.