demo

Queremos ser un instrumento útil á cidadanía. Non só un mero relatorio de contidos ou actividades. Se así fora, non acadaríamos o obxectivo que no IES Asorey pretendemos. Queremos ser unha ferramenta que permita acceso, información e conectividade con tod@s vos. Especialmente, cos que formades parte desta Comunidade Educativa, e que facedes con nós equipo e rede, para chegar entre todos máis lonxe e nas mellores condicións. Temos xa 26 anos de historia. Superamos moitos retos como Centro de Ensino e como Comunidade Educativa, pero queremos iniciar novos e máis ambiciosos proxectos. Pero non podemos, ou non queremos facelos sós. Queremos comunicación, interconexión, compromiso... Sabemos que xuntos poderemos facelo moito mellor. Precisamos sumar todas as sinerxias. Camiñade connosco...Chegaremos lonxe.

demo

O PE (Proxecto Educativo ) é un instrumento para a xestión, coherente co contexto escolar, que enumera e define as notas de identidade do centro, formula os obxectivos que pretende e expresa a estructura organizativa da institución. A súa función principal é proporcionar un marco global á institución escolar que permita a actuación coordinada e eficaz do equipo docente. Nel encontraremos a información seguinte: Contexto, Organización e recursos, Ideario dos obxectivos do centro, Oferta educativa, Oferta curricular, Programas de innovación educativa, Adecuación dos obxectivos das etapas que se imparten, Avaliación e promoción, Plan lector, Actividades extraescolares e complementarias, A normalización lingüística do centro, Interrelación entre os sectores da comunidade educativa, Colaboración con outras institucións.

Ler máis .

demo

Entre os documentos máis importantes do centro en materia de convivencia escolar (elaborados en base a normativa legal pero considerando a autonomía dos centros educativos) destacan dúas:


  1. As Normas de Organización e funcionamento (NOF), como documento institucional independente nos centros educativos (artigo 124 da LOE-LOMCE)

  2. O Plan de convivencia, que incorpora as actuacións, programas e medidas para a mellora da convivencia nos centros docentes

Normas de Organización e funcionamento Plan de Convivencia

demo

Obxectivos do Centro en relación ás TIC son: Potenciar o emprego da informática como ferramenta de traballo no proceso de ensino-aprendizaxe, utilizándoa de forma activa tanto por parte dos alumnos como do profesorado. Fomentar o uso dos medios informáticos, facilitando o acceso a esta ferramenta por parte dos alumnos como medio de apoio e reforzo nas súas aprendizaxes. Favorecer a súa utilización por parte do profesorado nas súas tarefas habituais do Centro: programacións, memorias, plans, circulares, normativas, actividades, etc. Facilitar a procura de información e o tratamento crítico da mesma, como forma de coñecer o mundo da internet e as súas posibilidades de acceso á información útil.

Máis información

demo

O plan de autoprotección é un estudo completo, desde o punto de vista da seguridade, dos edificios que constitúen o centro, que inclúe as actividades que se desenvolven nos mesmos, o inventario e a avaliación de riscos, as instalacións de prevención e de protección con que se conta, así como a organización dos medios humanos e materiais dispoñibles, co obxecto de facer fronte, de forma rápida e eficaz, a unha posible emerxencia. O establecemento dun plan deste tipo pretende conseguir que todas as persoas que poidan verse afectadas por unha emerxencia saiban como actuar e como deben coordinarse ditas actuacións para reducir ao mínimo as consecuencias que poidan derivarse da mesma.

Máis Información


Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo, involúcrame y lo aprendo.
Benjamin Franklin