Expedición de títulos e certificados oficiais
Bacharelato · Ciclo Medio · Ciclo Superior
Procedemento
Se remataches os teus estudos de Bacharelato, Ciclo Medio (incluída a FCT), calquera dos Ciclos Superiores (incluídos FCT e proxecto), só che queda un último paso para obter o título ou certificado correspondente: realizar o pagamento das taxas de expedición.
Podes consultar ao final desta páxina as tarifas vixentes.
Moi importante
- Non realices o pago sen confirmar previamente que titulas. Podes comprobalo chamando á oficina do centro.
- A data de ingreso da taxa debe ser posterior á avaliación final.
- O pago pode facerse presencialmente ou telematicamente.
Pago presencial
- Recoller na secretaría do centro o Impreso de autoliquidación de taxas e cumprimentalo.
- Realizar o pago na entidade bancaria colaboradora.
- Una vez selado polo banco, presentar na secretaría:
- Fotocopia do DNI
- Libro de familia numerosa actualizado e unha copia (se procede)
- Impreso selado pola entidade bancaria
Pago telemático
O pago telemático realízase a través da Oficina Virtual da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA):
https://ovt.atriga.gal/- Acceder ao apartado Cidadáns.
- Entrar en Pago de taxas e prezos → Iniciar taxa.
- Seleccionar Acceso libre ao servizo (cadeado aberto).
- Premer en Iniciar taxa.
- Introducir os datos da taxa segundo as indicacións do centro.
- Premer en Continuar e realizar o pago.
- Unha vez feito o pago, volver a: Cidadáns → Pago de taxas e prezos → Operacións realizadas
- Descargar o MODELO 730 en PDF.
Importante: A aplicación xerará inicialmente un “Recibo do pago con tarxeta”, pero non é válido como xustificante. Debes descargar obrigatoriamente o MODELO 730.
Unha vez descargado, envía o MODELO 730 e a fotocopia do DNI ao correo do centro para rexistrar o depósito do título.
Tarifas oficiais de expedición (2026)
| Título / Certificado | Tarifa normal | Familia numerosa xeral | Familia numerosa especial | Duplicado |
|---|---|---|---|---|
| Bacharelato | 54,00 € | 27,03 € | 0 € | 4,98 € |
| Técnico (Ciclo Medio) | 22,07 € | 11,06 € | 0 € | 2,55 € |
| Técnico Superior (Ciclo Superior) | 54,00 € | 27,03 € | 0 € | 4,98 € |
| Certificado Curso de Especialización | 25,91 € | 12,97 € | 0 € | 2,55 € |