O próximo 23 de xaneiro, dende os departamentos de Dinamización Lingüística e de Lingua Inglesa do IES Francisco Asorey, levamos a cabo unha actividade de “Contacontos en galego e Inglés”, protagonizada por Charo Pita e Patricia McGill. Esta actividade complementaria vense levando a cabo nos últimos anos, debido á súa importancia para o desenrolo da competencia en comunicación plurilingüe do alumnado, e o tratamento de contidos transversais coma o fomento da igualdade, ou o respecto e posta en valor da riqueza lingüística da nosa contorna. Ademais, esta actividade sempre conta cun grande éxito entre o alumnado participante, que este ano estivo formado todos os grupos de 1º e 2º de ESO do noso centro
Poderá participar todo o grupo ou clase, escollendo un único lema, plasmándoo en varias cartolinas tamaño DIN A3, e escrito en cada unha das linguas que se imparten no centro (inglés, francés, castelán, galego, latín e grego; unha cartolina en cada lingua, cun único mesmo lema por grupo). Valoraranse, ademais da eficacia da frase ou lema escollido, a orixinalidede e creatividade á hora de plasmala na cartolina. Neste concurso poderá participar todo o alumnado do centro, entregando as cartolina en dirección antes do xoves, 24 de novembro, tendo como premio vales de cafetería para o alumnado do grupo gañador.
O MéRCORES, 16 DE NOVEMBRO, dentro das competicións deportivas do programa Xogade da Xunta, o ALUMNADO DE 1º, 2º E 3º DE ESO participara na primeira proba de campo a través que se celebrará na Praia de Montalvo.
Estes cross zonais desembocarán no Campionato Provincial de Campo a través para centros educativos que terá lugar o 17 de xaneiro de 2023 na área Recreativa A Azucareira de Portas.
O obxecto desta actividade é a dinamización e promoción do deporte escolar a través da participación inclusiva de todos os alumnos.
Realízase en horario escolar, favorecendo así a participación dos alumnos. Nos campo a través en horario lectivo participan os colexios por aulas. Neste curso a novidade é que as probas son por cursos e separados por sexos.
Esta actividade no Ies Asorey esta coordinada polo departamento de Educación Física.
En principio está previsto que participe todo o alumnado, pero SI ALGUEN NON
PARTICIPA TERA TRABALLO PARA FACER; SI NON ASISTE ó CENTRO, A FALTA NON SERÁ XUTIFICADA.
Este venres, 28 de novembro, celebramos no IES Francisco Asorey o noso tradicional “Samaín”. Para elo organizamos unha grande variedade de actividades: • Concurso de “Espantallos diabólicos”, feitos con materiais de refugallo e con premios para as creacións máis orixinais, feitas polo alumnado dos distintos grupos participantes. O primeiro premio foi para o alumnado de 2º de Ciclo Superior de Administración e Finanzas; o segundo para o alumnado de 1º ESO C; e o terceiro para o alumnado de 1º de Bacharelato A. • Concurso de microrrelatos denominado “Micropesadelos”, con premio para o máis terrorífico de todos eles. As gañadoras foron dúas alumnas de 1º de ESO A, María Prego e Gabriela Varela. • Festival de “ Samaín” con actuacións de baile, cancións, teatro… e premios para as mellores creacións feitas polo alumnado dos distintos grupos participantes. O primeiro premio foi para o alumnado de 3º Eso A; o segundo foi para o alumnado de 1º ESO C; e o terceiro premio foi para o alumnado de 2º ESO C. Agradecemos ademáis a colaboración de Lucía de La Paz e de Helena Fiel, alumnas do IES Francisco Asorey, que presentaron as actuacións do festival. • Magosto, con castañas asadas a esgalla para o alumnado. Agradecemos a colaboración da “Boutique do pan”, empresa que se ofreceu para asar as castañas que repartimos entre o alumnado do noso centro. • Xogos populares tradicionais para o noso alumnado. Agradecemos a colaboración de Cándido Mascato, responsable da colección de xogos populares da Concellaría de Xuventude do Concello do Grove, que cedeu ditos xogos para que o noso alumnado puidera coñecelos e desfrutar deles.
O alumnado de 3º de Eso do IES Francisco Asorey, realizou unha etapa do Camiño de Santiago conxuntamente co alumnado de outros centro de Galiza. Empezaron en Teo, para chegar a Santiago (13,5 km), asistir a unha recepción e visita guiada pola Catedral. Esta actividade foi organizada polo Departamento de Educación Física en colaboración coa Fundación Galega Contra o Narcotráfico, baixo o nome de "O teu Camiño". A través do seu percorrido, céntrase na realización de actividades culturais e deportivas en torno ao Xacobeo, os seus valores e a riqueza natural, paisaxística e patrimonial do Camiño de Santiago. Deste xeito un concepto alimenta ao outro: o Camiño alenta a práctica de actividades deportivas e artísticas, mentres que deporte e arte ofrecen unha nova dimensión do Camiño".